OS FIOS DO FIRMAMENTO
Cando a noite amosa os seus encantos
xurden estrelas terrenais
que máis ben semellan feitizos
pendurados dos fios do firmamento.

Cando o día morre morniño
pregón dun parto calmo,
do renacer da nova oportunidade
o espertar do capitulo seguinte,
coma a mesma vida… outro día.

E ahí están camuflados na noite
entre brétemas de escuridade
miles de bagalumes amosando a súa luz
cal faroliños guías do camiño,
un camiño de evolución constante
cara a eternidade.

Alumea meu farol alumea,
Bendito feitizo que me deixas ver
esa luz na escuridade
dos bagalumes do anoitecer,
para uns tan sinxelo…
para min…..tan miragreiro.
